Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Rutas de sendeirismo



Mapas
 - Roteiro Río Maneses   - Roteiro do Centro de Interpretación.(673 Kb)

Campo lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre.

 

Ruta do rio Maneses.

Descrición:

O percorrido, de aproximadamente 2,8 Km., comeza na área de descanso do río e discorre e todo momento pola súa beira, para rematar o comezo da ruta do Centro de Interpretación (posibilidade de unir as dúas rutas).

Atoparase con numerosas zona encharcadas e lugares de paso polo río.

A dificultade da ruta é media-baixa, estando claramente sinalizadas con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).

O percorrido é de carácter lineal. Polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.

Recoméndase realizar este itinerario soamente en primaveira-verán e levar roupa axeitada para a auga. Aconséllase facelo andando.

Interés da vía: Paisaxístico.

Información relevante:

Campo Lameiro é unha excelente alternativa para todos aqueles que buscan algo máis que sol e praia no disfrute do seu tempo libre...

Este concello pontevedrés alberga multitude de rincóns para perderse e viaxar ó pasado contemplando os grabados rupestres e os castros; así como un amplio abanico de actividades e opcións para disfrutar duns días apacibles, cheos de bos momentos que os farán inolvidables.

Aparte da Impresionante colección de Grabados Rupestres, á que lle reservamos un apartado especial, Campo Lameiro conta con multitude de igrexas e hermidas no seu rico patrimonio histórico.

Como mostra románica destacamos as igrexas de San Miguel del Campo e Santa Mariña de Fragas.

Perfil:

Perfil

Cota Máxima: 130 m.
Cota mínima: 70 m.

 

Ruta do Centro de Interpretación dos Petroglifos

Descrición:

O Percorrido, de aproximadamente 2,1 Km., comeza no final da ruta do río Maneses, para rematar cerca do centro de Interpretación de Petroglifos (posibilidade de unir as dúa rutas).

A dificultade da ruta é media-baixa, cunha pendente ascendente pronunciada durante todo o camiño. Está claramente sinalizada con paneis indicadores e marcas de cor azul-branco (pintadas en pedras, muros e no chan).

O percorrido é de carácter lineal. Polo que haberá que ter en conta a viaxe de volta.

Recoméndase realizar este itinerario en primaveira-verán

Interés da vía: Paisaxístico-Histórico-Cultural

Información relevante:

O CENTRO DE INTERPRETACIÓN TERÁ PRETO DE 5.000 METROS CADRADOS

- Contará con salas de proxección, esposicións, biblioteca, fondos e cafetería.

O Atapuerca Galego converterase en destino de miles de visitantes tanto turistas coma expertos en arqueoloxía e estudiosos na arte rupestre.

As súas pezas constitúen un importante referente, e para o seu estudio o Parque contará cun Centro de Interpretación e Documentación de preto de 5.000 metros cuadrados. O espacio destinado ó Centro de Interpretación contará cunha zona de espera e recepción exterior dotada con marquesiñas, cunha superficie de 250 metros cadrados.

Perfil:

Cota Máxima: 255 m.
Cota mínima:130 m.