Rutas dos petroglifos

 

 


 

"Non pinte, nin siquera con tiza as formas dos grabados, xa que acelerará a súa destrucción" 

"Procure non pisar os grabados
"

 

(Declarados Monumentos Histórico-Artísticos por decreto 3471/1974 de 20 de decembro de 1974.)

 

Campo Lameiro conta cunha das concentracións maís grandes de petroglifos , por tal motivo se construiu o PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE de Campo Lameiro.

Pero fora da Área do Parque, tamén hai una gran cantidadade de petroglifos, perfectamente sinalados e visitables.

 

A visita iniciase na Capital Municipal e segue unha ruta prácticamente circular. Cada itinerario está subdividido en zonas denominadas co topónimo coñecido po los veciños do lugar.



mapa petroglifos

 

A Lagoa - Castro de Penalba
Pedra da Serpe (Castro de Penalba ) - Laxe da Rotea de Mendo

Paredes (Dentro do PAAR)

Laxe dos Cabalos - Pena do Outeiro Furado - Outeiro de Cogoludo - Outeiro das Ventaniñas - Laxe Dos Carballos - Laxe da Forneiriña -

Parada - San Isidro

A Trincheira - Chan do Carbón - Chan dos Salgueiriños - Chan da Lagoa

Caneda

Outeiro do Carballiño - Campo de Matabois - Outeiro de Pantrigo - Pena Furada - O Ramallal

Painceiros

A Cachada  - Arriba de Alongo - Chan da Carballeira
As Fragas

Pedra de San Francisco - As Marizas e Alba Túnez - Pedra da Beillosa ou da Boullosa

 

 

 

 

 

 

 

Pequena introducción ós petroglifos

 

No territorio galego coñecemos ó menos tres periodos con arte rupestre ó aire libre: Neolítico (IV e III milenios a.C.), Idade do Bronce (II milenio) e Idade de Ferro (I milenio a.C. ata o s. III d.C.).

En Galicia son os petroglifos a forma na que aparece o arte rupestre. Os petroglifos máis antigos pertencen ó Neolítico e asocianse ó mundo das mámoas, tamén existen grabados pertencentes a Idade do Ferro, pero sin duda os máis coñecidos son os da Idade do Bronce.

Localízanse en peñascos e pedras graníticas, presentan un risco moi erosionado e, en ocasións, difícil de observar. Existen dous tipos de deseños: figurativos, que son aqueles que é posible saber qué representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os astractos, aqueles que non sabemos qué representan, como son as combinacións circulares. Os petroglifos non reflexan a vida cotiá das persons que os grabaron. As comunidades da Idade do Bronce practicaban a agricultura e a gandería como base subsistencial. Pero nos grabados non aparecen estas actividades, os únicos temas representados son os relacionados coa caza e a guerra. Os petroglifos falan daquelas actividades que, posiblemente, a sociedade da Idade do Bronce consideraba máis prestixiosas: a guerra e a caza.

Nas esceas cinexéticas o único animal cazado é o cervo, isto pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debía de poseer. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis que unha función meramente lúdica ou suministradora de alimento. Cando observamos unha escea de caza nun petroglifo estamos contemplando unha actividad de forte contido ritual e posiblemente iniciática.

Os conxuntos de petroglifos situanse nas ladeiras das serras, en ocasións atópanse rodeando brañas e cubetas así como nas liñas de tránsito que comunican estas zoas cos lugares onde se atopan os poblados. A xente da Idade do Bronce vivía nos chans da serra e en áreas inmediatas á costa. Os grabados situanse fora dos poblados. Se observamos a distribución de petroglifos podemos comprobar que a miudo se dispoñen rodeando as serras, como demarcando un territorio. Se a isto engadimos que os grabados presentan variacións estilísticas por comarcas, isto pódenos levar a plantexar que poidesen funcionar como delimitadores territoriales. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademáis de servir como marca territorial, os petroglifos poideron funcionar como lugares de agregación de guerreros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica.  

Fonte: http://www.gtarpa.usc.es/petro/


 

 

 

marcadorA Lagoa - Castro de Penalba

 


Pedra da serpe
42°32'34.90"N / 8°33'8.37"O

Dende Campo Lameiro por PO-221, en dirección a Moraña, no Alto de Agueiros desvíese pola carretera ao parque de Penalba.

 

Despois do cruce anterior, siga 1 Km., e desvíese pola bifurcación á esquerda (250m.), ata a muralla do Castro. E na Cima do "Coto", mirará unha pedra grabada con dous ofidios que parecen estar representados no momento do apareamento (Pedra da Serpe).

 

pewdra da serpe

 

A Pedra da Serpe sitúase no cume do castro de Penalba, sobre unha grande lousa granítica, dende onde se pode ver unha grande panorámica das terras do río Lérez. .
A rocha está orientada cara ao nacente e inclínase uns 80º. Nela represéntase unha forma de serpe de grande tamaño, aproximadamente 2 metros, ainda que hai expertos que postulan que se mostran dúas serpes no momento do apareamento.


A serpe é un motivo moi representado no arte galego, e ista é unha das súas representacións máis antigas. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está datado entre o tránsito III-II milenio a. de C. pero este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno aos. VIII-VII a. de C., como parte integrante dese depósito castrexo.

 

Audioguía

 

 

Laxe da Rotea de Mendo
42, 338714 / -8,558576

Volva á pista anterior e siga por ela 600-700 m., mirará un sendeiro á esquerda que descende pola ladeira do monte e a uns 100 m. atoparase cunha gran lousa de granito con cervos de distintos tamaños, figuras formadas por combinacións circulares.

rotea de mendo

 

Para poder contemplalos ben hai que colocarse na parte baixa da rocha onde axiña vainos chamar a atención a figura dun un grande cervo macho bramando, que constitúe unha das mellores representacións deste animal nos petroglifos galegos.
Xusto de fronte obsérvase un grande cervo macho bramando, que é, xunto ás combinacións de círculos concéntricos, o motivo que mellor se aprecia. Constitúe un dos mellores e coñecidos exemplares de representación deste animal no acto de chamar á femia, que se cre que podería estar representada na parte dereita da rocha. Está provisto de grandes cornos e longo falo que está trazado mediante unha única liña.
O cervo aparece en celo, bramando coa cabeza erguida en dirección a outra figura, de realización menos coidada. (Hoxe o cervo ten dúas cabezas debido a que os visitantes tenden a marcar con pedras e outros útiles unha cabeza recta, modificando así o seu gravado).
Ademais vense combinacións de círculos concéntricos, outros cérvidos e un elevado número de trazos, algúns dos cales poderían corresponder a formas antropomorfas. Tamén hai figuras realizadas en épocas máis recentes que parecen representar dúas bailarinas e que para algúns investigadores non pertencerían ao Grupo Galaico de Arte Rupestre. O resto das figuras se pertencerían, cunha cronoloxía en torno á transición do III-II milenio a. de C

calco da rotea de Mendo
Calco da Rotea de Medo

 

 

 

subir

 

 

 

marcadorParedes

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro
42°32'30.27"N / 8°31'50.25"O

 

Lugar de Paredes:, dende A Lagoa, polo ramal que vai a San Xurxo de Sacos . A pouco máis de 1 km. do concello,(PO-231) atopará cunha rotonda onde hai indicación ao PAAR, segunda saida.

 

 

Laxe dos Cabalos

 

laxe dos cabalosNesta zona e próximas entre si hai varias pedras grabadas con figuras e cervos e combinacións circulares. 
Destacamos entre elas a que da orixe á zona, e que está formada por dous cabalos que levan á súa grupa a sendos xinetes, da a imprersión de que están disputando unha carreira, (tratouse de representar o movimento dos cabalos coa elevación do rabo).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pena do Outeiro Furado

 

pena furadaA 60 m. ó NO da zona anterior, debaixo da piedra esférica que domina o conxunto, na súa parte superior hai unha figura laberíntica, e na súa proximidade hai outros grabados.

 

A 50 m. ó NO da Pena do Outeiro, na pequena depresión e na ladeira W da mesma hai varia pedras con grabados de cervos e círculos concéntricos. Destaca o cervo astado ó que se lle representou a boca e os ollos no mesmo plano.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outeiro do Cogoludo

 

cogoludo

 

A menos de 100 m. do grupo anterior con dirección NO levántase un outeiro rocoso, moi visible, de uns 10 m. de altura. Na súa ladeira ten grabadas un bo número de figuras, de surco moi visible, ancho e profundo. Á dereita pode ver tres cabalos, cos seus xinetes á grupa, dispostos verticalmente. Á esquerda desta escea hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos, ós que chegan liñas procedentes de círculos centrados por una fosita.
Tamén se poden ver eiquí: un ídolo placa, varios cervos (un repicado xira a cabeza hacia atrás,..

 

calco Cogoludo

 

Calco do Cogoludo

 

 

 

Laxe dos Carballos


A 50 m. do Outeiro dos Cogoludos, estará ante o mellor petroglifo de Galicia.

Laxe dos carballos

 

... a laxe ten máis de 60 metros cadrados de representacións, pero destaca polo seu interese a tódolos niveis a figura do gran cervo astado, e que non só ten un gran número de lanzas cravadas no seu lombo, como sinal de castigo ou morte, senón que ademáis ten atada unha corda ó redor do pescozo.
Contrasta a expresión xocosa do animal cos castigos antes citados. Xunto a este, verá combinacións circulares, alineacións de cazoletas, outros cervos,...

 

 

 

 

laxe dos carballos

 

Calco laxe dos Carballos

 

 

 

 

 

 

Laxe da Forneiriña

 

 

Laxe da Forneiriña

 

Atópase a 100m. ó SW da zona anterior. Nela pódese ve-la figura dun gran animal (ó estar repicado non podemos saber a que especie pertence), xunto con cervos, círculos, etc.

 

 

 

 

 

subir

 

 

 

 

marcadorParada - San Isidro

 

A trincheira

42°31'31.77"N / 8°30'16.36"O

Sobre a marxe esquerda da estrada hai tres pedras con grabados de círculos concéntricos.


 

Chan do Carbón


Exténdese esta zona polo monte que verá debaixo da beira esquerda da estrada PO-230, aproximadamente no kilómetro 21,800. 
Os grabados están moi próximos a beira citada. Eiquí pode ver, xunto a varias combinacións circulares, unha espiral e a figura de dous guerreiros.

 

 

Chan do Salgueiriños


Siga pola estrada de Chacente, a uns 300 m. Verá á súa dereita, coincidindo aproximadamente co kilómetro 9,710 dela, o cauce dun regato ascendendo por él e moi próximos entre sí e a estrada atopará varias pedras con grabados de cervos, fosiñas, etc


Chan da Lagoa


Exténdese pola marxe dereita da carretera na dirección que Vd. leva, entre os puntos kilómetricos 8,600 e 8,900. 
Ten unha ampla zona de aparcadoiro a man dereira subindo, como vai vostede (dende Parada)

 

Situada á beira do lugar de Parada, na parroquia de Montes, Chan da Lagoa ofrece numerosos gravados nas súas dúas estacións rupestres, a de Chan da Lagoa e a de Outeiro de Chan da Lagoa.

 

Nas pedras máis próximas á carretera (uns 20 m do borde) poderá ver varias con grabados; cervos astados, laberintos, fosiñas, idoliformes, etc. 

 

A estación de Chan dá Lagoa está formada por dúas rocas.

 

A máis próxima ao camiño divídese en tres zonas: a que ten combinacións circulares; unha que só ten cervos; e outra que une as dous anteriores. A que posúe combinacións circulares ten figuras pseudolaberínticas, cervos e unha escena de equitación. A outra roca desta estación é unha gran masa granítica de forma rectangular con estrías naturais dispostas paralelamente: nela represéntanse cervos, combinacións circulares, un deseño labiríntico e unhas figuras denominadas ídolos-cilindro.

 

outeiro da Chan da Lagoa

 


Destacamos unha interesante escena de caza a cabalo na que participan dous xinetes: un deles porta na man esquerda un arco, que parece que disparou, xa que o cervo con astas situado po diante del ten unha frecha cravada nos cuartos traseiros, paralela ó rabo . 

 

 

Calco Grupo 1 - Chan da Lagoa

Calco do grupo 1

 

 

Na pedra próxima a ésta e situada ó mesmo nivel que ela, hai outra escea de monta, laberintos e cervos moi interesante, o mesmo que pode ver na que hai un pouco máis arriba.

 

Chan da Lagoa


 

Calco Chan da Lagoa. grupo2

Calco do grupo 2


 


Si agora mira ó NO verá un pequeno outeiro e nas súas ladeiras S y SE atopará 12 pedras con grabados das que destacamos as que teñen representados dous cervos de bo tamaño e que o seu grabador centrou sobre elas.

 

 

Chan da lagoa

 

 

 

 

San Isidro . ( o Soutiño)

No lugar de San Isidro entre as primeiras casas do lugar e pola marxe esquerda da estrada, nace un ramal que adentrándose na aldea diríxese á Igrexa parroquial, onde hai que deixa-lo coche, e continuar andando uns metros máis ata chegar á primeira bifurcación onde temos que seguir á esquerda ata atravesa-lo Río Carcafía, que atravesaremos, e seguiremos o noso andar polo camiño, que descorre paralelo a él, en sentido contrario á súa corriente, ata que a uns 300 m o camiño vira á esquerda, seguindo o muro dunha veiga,
A uns 20m. da beira do camiño atópase unha pedra duns 12 m de superficie chea de figuras de círculos concéntricos e tres cervos.

 

 

 

 

 

 

marcadorCaneda


 

Dende a PO-222 collemos a estrada de Chacente a Parada, e  despois de pasar Morillas, antes do cruce de Parada, está Caneda.

 


Outeiro do Carballiño

 

Esténdese esta zona polos outeiros que atopará á marxe dereita da estrada, entre os kilómetros 8,400 e 8,300.
Son varias as pedras que nun e noutro pode ver. As figuras, as mesmas que ata o momento, pero en tres están representados puñales do Bronce Inicial e nun as improntas de Bóvidos (marcas das pezuñas dun boi). Estas últimas están debaixo do marco branco que verá na cima do outeiro máis oriental. No occidental hai unha interesante escea de comportamento animal na que un macho está cheirando na rexión xenital dunha femia para estimulala ó apareamento. A partires de eiquí e ata chegar ó Campo de Matabois, ten á súa esquerda unha panorámica fermosísima do Concello.

 

 

 

Campo de Matabois

 

 

Esténdese ó longo e ancho da cima rocosa que pode ver á marxe esquerda da estrada, no sentido da súa marcha, que verá á altura do kilómetro 7,900. Son 21 as piedras grabadas. Destacan aquelas nas que hai grabadas espadas do Bronce Medio. Xunto a elas verá cervos, improntas de cervos, fositas, círculos, etc.
Á súa dereita, e a uns 30 m hai un laberinto moi interesante.

 

 

matabois

 

 

matabois calco matabois

 

 

 

 

Outeiro de Pantrigo

 

Atópase sobre o conxunto rocoso que se divisa a 90 m ó SO do anterior. A excepción da figura dun animal, tódalas restantes son fosiñas e combinacións de círculos concéntricos. É interesante, pola técnica de grabados como polo representado nela as figuras que de pode vner a 90 m ó S deste conxunto. Trátase dunha “paleta” ou quizás “un espello de guerreiro”, similares ás que aparecen, en modelos metálicos, nas sepulturas de guerreiros do Bronce do Exeo, xunto a unhas improntas dun cervo pequeno.


pantrigo

 

pantrigo

 

 

 

Pena Furada

 

 

A Pena Furada, é unha rocha cunha gran cavidade que está asentada sobre outra rocha. A particularidade deste conxunto é que na parte non accesible, hai grabada unha pequena combinación circular,e na rocha sobre a que descansa plasmaronse varias cazoletas.

 

 

Pena Furada

 

 

 

 

 

O Ramallal

 

 

Pertence á aldea de Paredes. Si se decide a visitalo é preferible que pregunte ós veciños, do lugar de Caneda, pero fágao por “Tras as Veigas”, que esé como eles denominan á zona. Xunto a cervos, círculos concéntricos, hai varias armas. A 100 m ó NW verá un outeiro, moi difícil de chegar a él, no seu cumio e sobre unha pedra que mira hacia onde está agora ten grabadas espadas dea Bronce Medio.

 

O Ramallal

 

 

 

 

subir

 

 

marcadorPainceiros

 

Dende a PO-222 collemos a estrada de Chacente a Parada, e do kilómetro 5,40 sae unha pista forestal pola que ten que segui-lo seu camiño 100 m.

 


A Cachada
42°33'11.36"N / 8°29'57.53"O

 

Varias pedras con grabados de combinacións circulares atópanse nas proximidades da marxe esquerda da pista.

 

 

 

Arriba de Alongo

 

De moi difícil acceso. A un kilómetro monte arriba atópanse grabados cervos e combinacións de círculos concéntricos.

 

 

 

Chan da Carballeira

 

A casi un kilómetro, monte arriba da anterior, unha escea de monta e varios cervos de regular tamaño.


Chan da Carballeira

 

 

 

 

subir

 

 

marcadorAs Fragas

 

 

Pedra da Beillosa ou Boullosa

 

No seu descender hacia a estrada xeral pola asfaltada que hay por debaixo da Igrexa, atoparase a 1,5 kilómetros, co lugar de Toural e un pouco máis abaixo co de Costa.
De ambos saen pistas que ascendendo polo monte o conducirán ata esta zona. Sobre ela hai grabados un sinfín de combinacións circulares, cervos, fosiñas, etc. Destacamos a gran serpe, sen cabeza, de algo máis de 4 m de lonxitude que parece que está reptando pola pedra. Ten representadas as escamas do corpo.
Tamén, no extremo oposto o da culebra, unha interesante escea na que unha figura humana cun pau ou arma na man dereita, (imdicado no Calco), acosa ou caza a un rebaño de cervos.

 

 

pedra da Beillosa

 

 

 

 

Calco pedra da Boullosa

 

Pedra da Boullosa

 

 

 

 

 

Pedra de San Francisco


Ubícase a 200 m. da Igrexa, que hai que andar pola pista forestal onde na marxe esquerda verá unha pedra, plana e na súa cara superior, onde poderá, xunto con cervos, combinacións circulares con dous ofidios.

 

Pedra de San Francisco, As Fragas

 

 

 

As outras zonas deste itinerario, de difícil acceso e localización son:

 

As Marizas e Alba Túnez

 

 

 

 

 



 

 

subir