Cuadro de texto: Río Meneses, afluente do Lérez

Cuadro de texto: O Concello de Campo Lameiro aséntase o carón do Río Lérez que exerce tamén de límite municipal separando a este do concello de Cotobade polo surleste.  
O Río Lérez nace na Serra de Candán a 900m de altitude e desemboca na Ría de Pontevedra. Mide 57 Km de lonxitude, cunha conca de 449.5 km3.
O Lérez ten 7 afluentes con maior importancia que son o Quireza, Rego Grande, Gargallóns, Tenorio, Almofrei, Berducido e Fontáns. 
En Campo Lameiro existen dous afluentes con menor grado de importancia que son O Rego de Meneses, na parroquia de Campo, que a súa vez ten 3 regos que desembocan nel: o Rego de Chacente, o Rego de Moscallo e o Rego de Toxoxeiras. O outro afluente que atopamos é o Rego dos Calvos que se atopa tamén na parroquia de Campo.
Entre os elementos naturais máis destacados do Lérez ó seu paso por Campo Lameiro son a Praia Fluvial de Lodeiro, o Couto de Pesca de Cutián, as Áreas Recreativas de Lodeiro e Redonde e as pequenas illas que se forman no seu curso.
REDE NATURA 2000
O Río Lérez está englobado na Rede Natura 2000, sendo unha zona LIC (Lugar de Interese Comunitario). Os hábitats de interese comunitario presentes no LIC do Río Lérez son:
• Uceiras secas europeas.
• Uceiras oromediterráneas endémicas con toxo.
• Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior
(Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).
• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica.

Cuadro de texto: Custodia do territorio no río lérez

Cuadro de texto: Lugar de Interese Comunitario Río Lérez

Cuadro de texto:  Tríptico Xornadas Biodiversidade
 
 Novas custodia do territorio do río Lérez
 
 Cursos custodia do territorio do río Lérez
 
 Informe iniciativas custodia territorio