[PECHAR] espacio

 

espacioRUTA DE PARADA - SAN ISIDRO

Parada San Isidrolocalización

Dende Campo Lameiro por PO-231, en dirección a Fentáns (Cotobade), chegando a Praderei, colleremos dirección Parada - San Isidro ata o kilómetro 21,5.

 


Ver

Itinerario de Parada

Entrada
A Trincheira (12)


Sobre a marxe esquerda da estrada hai tres pedras con grabados de círculos concéntricos.

EntradaChan do Carbón (13)

Exténdese esta zona polo monte que verá debaixo da beira esquerda da estrada, aproximadamente no kilómetro 21,800.
Os grabados están moi próximos a beira citada. Eiquí pode ver, xunto a varias combinacións circulares, unha espiral e a figura de dous guerreiros.

"Se quere visita-lo Itinerario de San Isidro, é aconsellable que dende este punto siga pola estrada ata ese lugar xa que si non o fai, e segue visitando o de Parada, ó ter que seguir, para isto, pola estrada que une Chacente e Parada, que como pode ver desemboca nese punto, perderá bastante tempo ó percorrer dúas veces o mesmo camiño. Si sigue o meu consello, lea o itinerario de San Isidro."

EntradaChan dos Salgueiriños (14)

Siga pola estrada de Chacente, a uns 300 m. Verá á súa dereita, coincidindo aproximadamente co kilómetro 9,710 dela, o cauce dun regato ascendendo por él e moi próximos entre sí e a estrada atopará varias pedras con grabados de cervos, fosiñas, etc.

EntradaChan da Lagoa (15)

Exténdese pola marxe dereita da carretera na dirección que Vd. leva, entre os puntos kilómetricos 8,600 e 8,900.
Nas pedras máis próximas á carretera (uns 20 m do borde) poderá ver varias con grabados; cervos astados, laberintos, fosiñas, idoliformes, etc.

Destacamos unha interesante escena de caza a cabalo na que participan dous xinetes: un deles porta na man esquerda un arco, que parece que disparou, xa que o cervo con astas situado po diante del ten unha frecha cravada nos cuartos traseiros, paralela ó rabo .
Na pedra próxima a ésta e situada ó mesmo nivel que ela, hai outra escea de monta, laberintos e cervos moi interesante, o mesmo que pode ver na que hai un pouco máis arriba. Si agora mira ó NW verá un pequeno outeiro e nas súas ladeiras S y SE atopará 12 pedras con grabados das que destacamos as que teñen representados dous cervos de bo tamaño e que o seu grabador centrou sobre elas.


Chan da Lagoa
Calco da Chan da Lagoa

Chanda Lagoa
Calco da Chan da Lagoa




Chan da Lagoa
Detalle da Chan da Lagoa


Chan da Lagoa
Detalle Da Chan da Lagoa
Chan da Lagoa
Vista da Chan da Lagoa
Chan do Carbón
Chan do Carbón
Parada
Campo de Petroglifos de Parada

 

Itinerario de San Isidro


Entre as primeiras casas do lugar e pola marxe esquerda da estrada, nace un ramal que adentrándose na aldea diríxese á Igrexa parroquial, onde hai que deixa-lo coche, e continuar andando uns metros máis ata chegar á primeira bifurcación onde temos que seguir á esquerda ata atravesa-lo Río Carcafía, que atravesaremos, e seguiremos o noso andar polo camiño, que descorre paralelo a él, en sentido contrario á súa corriente, ata que a uns 300 m o camiño vira á esquerda, seguindo o muro dunha veiga, situación de:

EntradaO Soutiño (16)


A uns 20m. da beira do camiño atópase unha pedra duns 12 m de superficie chea de figuras de círculos concéntricos e tres cervos.