[PECHAR] espacio

 

espacioRUTA DE PAREDES

Paredeslocalización

Lugar de Paredes, dende A Lagoa, polo ramal que vai a San Xurxo de Sacos (Carretera Pontevedra-Ourense). A pouco mais de 1 km. do concello,(PO-231) atoparase con outra carretera asfaltada (marxe esquerda en curva), siga por ela ata o lugar de Praderrei (1 Km.), onde ten que coller unha carretera que nace á esquerda despois do aserradeiro. Nas primeras casas de Paredes, ten que deixa-lo seu vehículo e seguir polo camiño á esquerda que sobe hacia o monte entre muros de eiras e casas. A 150 m. tome o que se dirixe á esquerda e a 80 m atopará:

 


Ver

EntradaLaxe dos Cabalos (5)

Nesta zona e próximas entre si hai varias pedras grabadas con figuras e cervos e combinacións circulares.
Destacamos entre elas a que da orixe á zona, e que está formada por
dous cabalos que levan á súa grupa a sendos xinetes, da a imprersión de que están disputando unha carreira, (tratouse de representar o movimento dos cabalos coa elevación da cola).

EntradaPena do Outeiro Furado (6)

A 60 m. ó NW da zona anterior, debaixo da piedra esférica que domina o conxunto o que ve é natural. Na súa parte superior hai unha figura laberíntica, e na súa proximidade hai outros grabados.

EntradaFonte da Pena Furada(7)

A 60 m. ó Nw da Pena do Outeiro, na pequena depresión e na ladeira W da mesma hai varia pedras con grabados de cervos e círculos concéntricos. Destaca o cervo astado ó que se lle representou a boca e os ollos no mesmo plano.

EntradaOuteiro de Cogoludo(8)

A menos de 100 m. do grupo anterior con dirección NW levántase un outeiro rocoso, moi visible, de uns 10 m. de altura. Na súa ladeira ten grabadas un bo número de figuras, de surco moi visible, ancho e profundo. Á dereita pode ver tres cabalos, cos seus xinetes á grupa, dispostos verticalmente. Á esquerda desta escea hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos, ós que chegan liñas procedentes de círculos centrados por una fosita. Tamén se poden ver eiquí: un ídolo placa, varios cervos (un repicado xira a cabeza hacia atrás,...

EntradaOuteiro das Ventaniñas (9)

A menos de 100 m. ó NW, atópase outro outeiro de uns 2,5 m. de altitude, no que hai grabados varios círculos.

EntradaDos Carballos (10)

A 50 m. do Outeiro dos Cogoludos, estará ante o mellor petroglifo de Galicia. Cando se finalice a súa excavación superará os 60 m2 de superficie grabada.

Nel destacou polo seu interese a tódolos niveis a figura do gran cervo astado, e que non só ten un gran número de lanzas cravadas no seu lombo, como sinal de castigo ou morte, senón que ademáis ten atada unha corda ó redor do pescozo. Contrasta a expresión xocosa do animal cos castigos antes citados. Xunto a este, verá combinacións circulares, alineacións de cazoletas, outros cervos,...

EntradaLaxe da Forneiriña (11)

Atópase a 100m. ó SW da zona anterior. Nela pódese ve-la figura dun gran animal (ó estar repicado non podemos saber a que especie pertence), xunto con cervos, círculos, etc.

Para regresar á aldea de Paredes, diríxase hacia o S. Ata sair ó camiño (uns 20 m) e tome polo ramal da esquerda. Cuando vexa fronte a Vd. (despois de andar uns 80 m) a “Pena do Outeiro Furado”, siga polo sendeiro da esquerda ata sair ó camiño e verá a aldea. No monte comunal de Paredes denominado “Monte de Abaixo” hai outros grabados. O seu acceso dende a aldea é moi difícil e costoso polo que lle recomendo que o faga dende o Itinerario de Caneda.


CAlco dos Carballos
Calco de "Os Carballos"

Os Carballos
Outro calco de "Os Carballos"
Fonte: http://www.ucm.es/info/arqueoweb/numero7_2/articulo7_2_santos.html
Os Carballos
Detalle de Os Carballos (Coñecida nolugar por, a "Maja Simpática")
Osd Carballos
Detalle de "Os Carballos"

Os Carballos
Vista de "Os Carballos"


Escavación
Escavacións Arqueolóxicas no Petrogrlifo de "Os Carballos"

Os Carballos
Escavación Arquolóxica no petroglifo de "Os Carballos"
Fonte: http://www.ucm.es/info/arqueoweb/numero7_2/articulo7_2_santos.html

Cogoludo
Detalle do Outeiro do Cogoludo
 
Cogoludo
Outeiro do Cogoludo


Cogoludo
Detalle de O Cogoludo

 

Cogoludo
Vista do Outeiro do Cogoludo
Laxe dos Cabalos
Laxe dos Cabalos