[PECHAR] espacio

 

espacioRUTA DE AS FRAGAS

As Fragaslocalización

PO-223 -Á altura do lugar de Reboredo atoparase co camiño que dende a estrada e serpenteando entre as casas do lugar acercarao ata a Igrexa de Santa Mariña de As Fragas (a súa fachada é románica).

 


Ver

EntradaPedra de San Francisco (25)


Ubícase a 200 m da Igrexa, que hai que andar pola pista forestal onde na marxe esquerda verá unha pedra, plana e na súa cara superior, onde poderá, xunto con cervos, combinacións circulares con dous ofidios.

As outras zonas deste itinerario, de difícil acceso e localización son:

 

EntradaAs Marizas (26) e Alba Túnez(27)

EntradaPedra da Beillosa ou da Boullosa


No seu descender hacia a estrada xeral pola asfaltada que hay por debaixo da Igrexa, atoparase a 1,5 kilómetros, co lugar de Toural e un pouco máis abaixo co de Costa.
De ambos saen pistas que ascendendo polo monte o conducirán ata esta zona. Sobre ela hai grabados un sinfín de combinacións circulares, cervos, fosiñas, etc.

Destacamos a gran serpe, sen cabeza, de algo máis de 4 m de lonxitude que parece que está reptando pola pedra. Ten representadas as escamas do corpo.

Tamén, no extremo oposto o da culebra, unha interesante escea na que unha figura humana cun pau ou arma na man dereita, acosa ou caza a un rebaño de cervos.

 

Pedra da Boullosa
Calco Pedra da Boullosa
A Boullosa
Vista xeral de A Pedra da Boullosa
Boullosa
Detalle da Pedra da Boullosa

Pedra de San Francisco
Detalle de San Francisco

A serpe
Vista da Pedra da Serpe
A Boullosa
Detalle de aPedra da Boullosa

 

EntradaCahada de Pedro (29)

A 80 m ó N da anterior, dentro da finca pechada por muros de pedra, que, como a precedente son particulares. Nela xunto a cervos, fosiñas e combinacións circulares verá, como na anterior un bo número de cruces latinas de execución recente e que teñen servido para deslinda-lo monte comunal do particular.
 

EntradaCachada de Tremesas (30)

De difícil localización. Atópase nunha finca particular que se verá a 60 m á esquerda das anteriores. Un cervo e combinacións circulares é o que atopará nela.