Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Padrón

[ Estes formularios poden ser cumprimentados directamente en pantalla ]

[ Necesario Acrobat Reader, versión 7 ou superior ]

-Reader Descargar Acrobat Reader


SOLICITUDE DE CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO

pdf65 kb
 

PADRÓN DE HABITANTES

O Padrón Municipal de Habitantes é o rexistro administrativo onde constan os veciños do Concello. Toda persoa que resida habitualmente en Campo Lameiro ten a obriga de inscribirse no Padrón. No caso de que proceda doutro municipio, o solicitante deberá indicar o concello ou país de procedencia.

 

QUE PODEMOS SOLICITAR

1.- Altas:
- Inmigración: persoas xa empadroadas noutro Municipio ou Consulado de España no extranxeiro.
- Omisión: persoas non empadroadas anteriormente en ningún Municipio ou Consulado de España no extranxeiro.
- Altas por nacemento.
- De oficio: mediante notificación do Instituto Nacional de Estatística sempre que algún dos pais estea empadroado no Municipio.
- A instancia do interesado: o pai ou a nai empadroados no Municipio realizarán a inscrición do recén nado aportando unha fotocopia da folla do libro de familia onde apareza o/a neno/a e da folla onde apareza o nome dos pais.

2.- Cambios de Domicilio:
- Todas as persoas que cambien o seu domicilio dentro do Municipio deberán comunicalo ó Negociado de Estatística do Concello de Campo Lameiro.

3.- Modificación de Datos:
- Cando na base de datos do Padrón de Habitantes figure un dato incorrecto (nome e apelidos, data de nacemento, lugar de nacemento, nº documento de identidade, nivel de estudos, nacionalidade) deberá realizar unha petición de modificación no Negociado de Estatística do Concello de Campo Lameiro.

4.- Baixas Emigración:

CANDO UNHA PERSOA TRASLADA O SEU DOMICILIO A OUTRO MUNICIPIO EN ESPAÑA OU Ó EXTRANXEIRO (REALIZANDO A INSCRICIÓN NO CONSULADO ESPAÑOL QUE LLE CORRESPONDA) NON DEBE SOLICITAR A BAIXA NO SEU CONCELLO DE ORIXE. O TRÁMITE DAS BAIXAS POR EMIGRACIÓN REALÍZASE ENTRE CONCELLOS OU ENTRE CONCELLOS E O INSTITUTO NACIONAL DE ESTATÍSTICA. SI UNHA PERSOA NON É ESPAÑOLA E TRASLADA A SÚA RESIDENCIA DE FORMA DEFINITIVA A OUTRO PAÍS, ESA PERSOA DEBE FACER UNHA DECLARACIÓN E ENTREGALA NO NEGOCIADO DE ESTATÍSTICA PARA QUE CAUSE BAIXA NO PADRÓN DE HABITANTES.

O Alcalde Responde

Emprego

 
Rutas Petroglifos
Centro de interpretación
Galería Fotográfica
 

Fotografías xente

Emigracion

Festa do Augardente