Patrimonio natural

 

 


 

 

marcadorÁrea recreativa de Lodeiro

 

QR Lodeiro

42, 523444 / -8,537386

 

Area recretiva de Lodeiro


Situada na parroquia de San Miguel de Campo, a escasos metros da Ponte Cuitián , a Área recreativa de Lodeiro é un dos lugares máis fermosos do río Lérez.

As súas ribeiras, inzadas de frondosas, acollen unha praia fluvial e son a testemuña da unión do río Lérez co seu afluente o río Meneses. Unha pequena ruta de muiños, o merendero provisto de mesas e parrillas xunto coa praia fluvial, fan desta área un lugar ideal para o disfrute de nenos e maiores.

A zona ten un afamado coto de pesca.

 

 

 

 

 

 

marcadorArea recreativa de Penalba

qr penalba

42, 452930 / -8,552704



Área de Penalba

 

Este recinto situado no alto de monte Agüeiros reúne tradición, cultura, arte e ocio. Conserva o Castro de Penalba que data dos séculos VIII - VII a. C., un dos máis antigos de Galicia.

O día 13 de xuño commemorase a festividade de S. Antonio. na capela celébrase a misa solemne e a tradicional puxa de ofrendas que levan os devotos.

Este recinto conta ademais, cun galpón, merendeiro, mesas, parrillas, fontes e un parque infantil.

 


 

 

 

 

Fonte: (Terras De Pontevedra)

 

subir