Patrimonio histórico

 

 


 

 

marcadorCastro de Penalba e Pedra da Serpe

 

qr penalba

42, 452930 / -8,552704

 

pedra da Serpe, no castro de Penalba


Considerado como un dos castros máis antigos de Galicia (VIII - VII a. C.), o Castro de Penalba está situado no alto do monte nun outeiro granítico de 423 metros de altitude.

Consta de dúas terrazas. A inferior esta circundada por unha muralla de pedra que tiña como funcionalidade, ademais da defensiva, a de conter a terra para permitir o asentamento. Na superior atopamos a ermida , onde se celebra a tradicional romaxe de Santo Antoniño de Penalba, e a coñecida Pedra da Serpe.


A Pedra da Serpe sitúase no cume do castro de Penalba, sobre unha grande lousa granítica, dende onde se pode ver unha grande panorámica das terras do río Lérez. A rocha está orientada cara ao nacente e inclínase uns 80º. Nela represéntase unha forma de serpe de grande tamaño, aproximadamente 2 metros, ainda que hai expertos que postulan que se mostran dúas serpes no momento do apareamento.


A serpe é un motivo moi representado no arte galego, e ista é unha das súas representacións máis antigas. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está datado entre o tránsito III-II milenio a. de C. pero este gravado realizaríase nos primeiros momentos da cultura castrexa, en torno aos. VIII-VII a. de C., como parte integrante dese depósito castrexo.

Mesmo que outros xacimentos arqueolóxicos galegos, esta inscultura tamén posúe folclore: "Os matrimonios sen fillos que queiran ter descendencia deben de ir a noite de Santo Xoana copular sobre a pedra levando, como ofrenda, unha cunca de leite para que beban as cobras". Na tradición as serpes eran seres máxicos e a lenda é una manifestación na que a sociedade tradicional mostraba a súa ideoloxía en clave simbólica.

 

 

 

 

 

marcadorRotea de Mendo
Qr rotea de Mendo

42, 338714 / -8,558576


Rotea de Mendo

 

Situada no monte Agüeiros , ao pé do Castro de Penalba, Rotea de Mendo presenta distintos gravados rupestres, parte deles difíciles de recoñecer a causa da erosión.

Para poder contemplalos ben hai que colocarse na parte baixa da rocha onde axiña vainos chamar a atención a figura dun un grande cervo macho bramando, que constitúe unha das mellores representacións deste animal nos petroglifos galegos.


Xusto de fronte obsérvase un grande cervo macho bramando, que é, xunto ás combinacións de círculos concéntricos, o motivo que mellor se aprecia. Constitúe un dos mellores e coñecidos exemplares de representación deste animal no acto de chamar á femia, que se cre que podería estar representada na parte dereita da rocha.


Está provisto de grandes cornos e longo falo que está trazado mediante unha única liña. O cervo aparece en celo, bramando coa cabeza erguida en dirección a outra figura, de realización menos coidada. (Hoxe o cervo ten dúas cabezas debido a que os visitantes tenden a marcar con pedras e outros útiles unha cabeza recta, modificando así o seu gravado).

 

Ademais vense combinacións de círculos concéntricos, outros cérvidos e un elevado número de trazos, algúns dos cales poderían corresponder a formas antropomorfas. Tamén hai figuras realizadas en épocas máis recentes que parecen representar dúas bailarinas e que para algúns investigadores non pertencerían ao Grupo Galaico de Arte Rupestre. O resto das figuras se pertencerían, cunha cronoloxía en torno á transición do III-II milenio a. de C

 

 

 

marcadorChan da Lagoa

 

Chan la Lagoa

 

Chan da Lagoa

 

 

 

Situada á beira do lugar de Parada, na parroquia de Montes, Chan da Lagoa ofrece numerosos gravados nas súas dúas estacións rupestres, a de Chan da Lagoa e a de Outeiro de Chan da Lagoa.

A estación de Chan dá Lagoa está formada por dúas rocas. A máis próxima ao camiño divídese en tres zonas: a que ten combinacións circulares; unha que só ten cervos; e outra que une as dous anteriores. A que posúe combinacións circulares ten figuras pseudolaberínticas, cervos e unha escena de equitación. A outra roca desta estación é unha gran masa granítica de forma rectangular con estrías naturais dispostas paralelamente: nela represéntanse cervos, combinacións circulares, un deseño labiríntico e unhas figuras denominadas ídolos-cilindro.

 

 

Chan da Lagoa

 

 

Outeiro de Chan dá Lagoa está moi próxima á de Chan da Lagoa, e para acceder á estación de hai que tomar un sendeiro que se atopa de fronte. É o mellor xeito de acceder a ela, xa que no medio existe un outeiro.

Nesta rocha hai representados un cervo e tres motivos de combinacións circulares. A cronoloxía suponse da transición do III-II milenio a. de C. Recoméndase velos con luz solar rasante, que é cando mellor percíbense, sobre todo aqueles menos claros.

 

 

 

 

marcadorIgrexa de Santa Mariña das Fragas
QR Santa MArina de As Fragas

Santa Marña de As Fragas

 

 

 

Situado nun alto que ofrece unha fermosa vista sobre o val, Santa Mariña de as Fragas é unha igrexa que conserva unha fachada románica do século XII, enmarcada por dúas columnas adosadas.

O máis interesante dela é o tímpano, no que aparecen tres persoaxes, un bispo en actitude de bendecir e a dous curas, o da esquerda porta un libro, e o da la dereita porta unha cruz.

Resulta moi interesante a decoración dos capiteis que flanquean a porta con temas historiados , con curiosas escenas de loita, aínda que se atopan moi desgastadas. O resto da igrexa foi enteiramente reformado

 

 

 

 

marcadorIgrexa de Santo Miguel do Campo

QR San Miguel do Campo

42,537145 / -8, 542775

 

San Miguel do Campo

 

Igrexa de orixe románica do s. XII, reformada no seculo XVII, con criterios renacentistas. Da época románica conserva a ábsida semicircular cun fermoso van e unha traballada cornixa.

Da igrexa de San Miguel do Campo conservase do primitivo templo un belo ábside semicircular que data da segunda mitade do sécuo XII. A portada, é de estilo renacentista, pois foi a transformación da nave e cabeceira son do ano 1639, segundo figura nunha inscrición situada na fachada. Está decorado no seu exterior por curiosos canalóns y no seu interior por capiteis tallados con motivos vexetais e figuras humanas.

No interior posúe un arco triunfal e un faixón con tendencia oixival, ambos os dous decorados e sostidos por curiosos capiteis.

 

Fonte: (Terras De Pontevedra)

 

subir