Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

Patrimonio Histórico


Arquitectura patrimonial

Aparte da Impresioante colección de Grabados Rupestres, a que lle reservamos un apartado especial, Campo Lameiro conta con multitu de de igrexas e hermidas no seu rico patrimonio histórico.

Como mostra románica destacamos as igrexas de San Miguel del Campo e Santa Mariña de Fragas.

San Miguel do CampoDa igrexa de San Miguel do Campo conservase do primitivo templo un belo ábside semicircular que data da segunda mitade do sécuo XII.

Está decorado no seu exterior por curiosos canalóns y no seu interior por capiteis tallados con motivos vexetais e figuras humanas.

En cuanto a portada, é de estilo renacentista, e foi construida no ano 1639.

 

 

Santa Mariña de As FragasSanta Mariña de as Fragas conserva unha fachada románica do séculoo XII, enmarcada por duas columnas adosadas.

No seu tímpano de medio punto represéntase no seu centro a tres persoaxes, un obispo en actitude de bendecir e a dous curas, o da esquerda porta un libro e o da la dereita porta unha cruz.

É interesante a decoración dos capiteis con temas historiados e talla de follas..

 

 

Santa María de MoimentaMáis recente é a Igrexa de Santa María de Moimenta, obra do século XVIII.

Construiuse en gran parte gracias as donacións do capitán José Antonio Cerviño.

Como dato curioso comentar que os santos que figuran no altar corresponden os nomes dos fillos e esclavos que tiña o doante e a súa muller en Manila.

A imaxe da Asunción que preside o altar maior é obra do entallador francés Juan de París no século XVII.

 

 

Castro de PenalbaDestacamos entre as ermidas a de San Antoniño de Penalba, que está ubicada sobre o castro que lle da nome..

 

 

 

 

 

Ademáis da arquitectura relixiosa, encontramos fermosas casas solariegas e pazos, como a Casa das Cruces, Pazo de Ameixeiriñas , Pazo da Formigueira, Casa de Betarra que nos dan mostra das "familias nobles" que existiron neste Concello.

Distínguense con claridade del entorno polo seu tamaño, suntuosidade e os seus rasgos señoriais que podemos ver nos escudos que adornan os seus muros.

Dado o carácter de propiedade particular que teñen a maooría destos pazos solo se poderán ver de paso.