Cuadro de texto: As mancomunidades de montes legalízanse ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 13/89 de Montes Veciñais en Man Común actualmente vixente e o artigo 47 do seu Regulamento (Decreto 260/1992). O proceso para formación consta de tres fases:

Primeira.- Convocatoria ás comunidades de montes a unha xuntanza da que se levantará unha Acta de Constitución asinada por triplicado polas comunidades de montes asistentes e na que debe figurar o acordo de constituír a mancomunidade e a elección dunha Xunta Xestora que cando menos estará formada polo presidente e dous vocais facendo as funcións de secretario e tesoureiro. A Xunta Xestora ten que propoñer un borrador dos estatutos da mancomunidade.
Segunda.- Aprobación nas asembleas xerais das comunidades de montes do acordo de integración na mancomunidade. De seguido se convoca unha asemblea xeral da mancomunidade para proceder a aprobar os estatutos.
Unha vez aprobados os estatutos, hai que dirixir unha instancia, asinada polo presidente da xunta xestora da mancomunidade de montes, dirixida ao Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común (Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común) para inscribirse no mesmo. Esta instancia ten que ir acompañada da seguinte documentación:
Acta de Constitución da mancomunidade de montes por triplicado en coas sinaturas das comunidades asistentes.
Estatutos aprobados da mancomunidade de montes por triplicado, e asinados polo presidente e o secretario da xunta xestora da mancomunidade en todas as follas.
Certificación por triplicado do acordo asembleario de integración de cada comunidade de montes, asinado polo secretario e co visto e prace do presidente.
Certificación da acta de aprobación dos estatutos da mancomunidade na asemblea convocada a tal efecto.
Terceira.- Unha vez rexistrada a mancomunidade e obtido o CIF da mesma, convocarase unha asemblea xeral extraordinaria para a elección da primeira xunta rectora.

MONTES DE CAMPO LAMEIRO

Campo Lameiro—Terra de montes e auga

Proxectos en marcha