MONTES DE CAMPO LAMEIRO

Campo Lameiro—Terra de montes e auga

Inventario Patrimonial

Cuadro de texto: No ano 2007 o Concello de Campo Lameiro realizou un inventario dos recursos patrimoniais do termo municipal. O obxectivo foi contar cun punto de partida para a determinacion dunha estratexia de desenvolvemento a partir dos recursos do territorio. Un dos resultados do traballo foi a necesidade de poñer en valor recursos naturais como complemento ao forte reclamo artístico prehistórico existente nos montes do Concello de Campo Lameiro. 
Froito daquel traballo xa se teñen realizado algúns proxectos como a posta en marcha da custodia do territorio no ámbito do Espazo Natural Protexido Río Lérez incluído en Rede Natura 2000 ou a dinamización do sector forestal do concello a través das actividades desenvolvidas ao abeiro da liña de axudas de valorización do monte 2008. 



#ÍNDICE
INTRODUCCIÓN E METODOLOXÍA
DESCRICIÓN DO TERRITORIO
4. FACTORES SOCIOECONÓMICOS
5. RECURSOS NATURAIS
6. RECURSOS HISTÓRICO—MONUMENTAIS—ARTÍSTICOS.
7. RECURSOS CULTURAIS—ARTÍSTICOS.
   (archivos descargables cada un deles).

Tamén ao abeiro deste proxecto editouse un tríptico promocional do Concello de Campo lameiro e dos seus recursos.