Cuadro de texto: As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común  están reguladas pola Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia e polo seu Regulamento.
Os montes veciñais son, por lei, indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables. A Comunidade de veciños propietaria dun monte veciñal en man común terá plena capacidade xurídica para o cumprimento dos seus fins e a defensa dos seus dereitos, sobre o monte e os seus aproveitamentos, así como sobre a súa   administración e disposición.
O seu órgano supremo de expresión é a Asemblea Xeral de Comuneiros e dótanse dunha Xunta Rectora encargada de levar adiante a xestión. A Asemblea Xeral ordinaria será convocada unha vez ó ano e sempre dentro dos seis meses seguintes á data do pechamento do exercicio económico.
A Asemblea Xeral quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes ou representados máis da metade dos comuneiros e en segunda convocatoria cando estean polo menos o 25% dos mesmos.
Forman a Comunidade de Montes os veciños do lugar. Ten dereito a ser comuneiro un representante de cada casa aberta e con fumes, sempre que así o solicite. 
A Xunta Rectora é o órgano de goberno, xestión e representación da Comunidade. Estará composta por un Presidente e o número de vocais que sinalen os Estatutos, sen que en ningún caso poidan ser menos de dous. A Xunta Rectora será elixida pola Asemblea Xeral por un período máximo de catro anos. O Presidente da Xunta Rectora ostenta a representación legal da Comunidade.

MONTES DE CAMPO LAMEIRO

Campo Lameiro—Terra de montes e auga

As Comunidades de Montes