Historia de Campo Lameiro

 

 

 

 

 

Campo Lameiro ten unha parte importante da súa historia grabada en pedra, en forma de petroglifos.


Laxe dos Carballos
Laxe dos Carballos


 

Os seús importantes restos arqueolóxicos falan da antiga ocupación do municipio, datada en torno o ano 3200 antes de Cristo.  A grande cantidade de pedras gravadas e a riqueza dos motivos, fan deste concello a Capital da Arte Rupestre.


 

Castro de Penalba
Castro de Penalba

 

 

Esta situación mantívose durante a Idade de Bronce e a do Ferro, que deron lugar ó desenvolvemento dunha importante cultura castrexa, motivo polo cal mereceu o apelativo de Fogar dos Verdes Castros.

 

 

Dentro da historia moderna do concello merece a pena citar a súa decidida oposición á ocupación francesa, actitude que deu lugar a numerosos ataques e mortos por parte das tropas do mariscal Soult. A toponimia de Campo Lameiro non queda ó marxe da historia, así atopamos lugares como Chan de Batalla e Mal Paso que recordan esceas da batalla librada contra os franceses en 1809. 

 

 

Sta MAriña de As Fragas

Campo Lameiro conserva un valioso patrimonio arqueolóxico, pero tamén mostras sinificativas da arte posterior, concretamente do románico e do barroco, en igrexas como a de Santa María de As Fragas, San Miguel do Campo e Santa María de Moimenta.

 

 

 

 

Na historia desta vila existiron persoeiros que merecen ser mencionados po-lo que sinificaron para este pobo.



CerviñoPedro Antonio Cerviño Núñez,

Naceu o 6 de setembro de 1757 en Santa María de Moimenta, xurisdicción de Baños, Concello de Campo Lameiro. Emigrou a Buenos Aires, onde en 1806 ante a posible acometida inglesa creanse as Milicias Urbanas, Antonio Cerviño funda o “Tercio de Voluntarios de Galicia”, composto por cerca de 600 homes, que defendieron a cidade que os acollera

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Irmáns Alberto e Melchor Ricoi:


Naceron en San Miguel del Campo no século XVIII.
Destacan por contribuir a historia da arquitectura galega con obras como a do Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela (1766-1772), as torres do coronamento Templo Parroquial - A Igrexa de Santiago de Pontedueme (1763), a dirección da Igrexa de Muimenta de Pontedueme (1763), a Dirección do Convento de Sobrado en Lugo,...

En Campo Lameiro contruiron a súa casa familiar que representaría os seus feitos e o seu poder, A Casa da Betarra, construida entre 1750-1780, conta con mais de 20 habitacións.

Por esta misma actividade destaca Frai Benito Puente, veciño de Moimenta. Foi consultado por Casas e Novoa sobre as obras de reconstrucción do Convento de Lourenzá

 

 

 

 

 

subir