Concello de Campo Lameiro; A Lagoa. Praza da Provincia de Pontevedra, 1. CP 36110-Pontevedra

O Alcalde

 

JULIO SAYÁNS

Aproveitando a oportunidade que se nos brinda, presentamos a Páxina Oficial do Concello de CAMPO LAMEIRO, na que pretendemos mostrar una visión xeral e real do noso entorno, as nosas xentes, o noso pasado e achanzar o camiño para xeracións vindeiras, consolidando o noso patrimonio e traballando con visión de futuro en novas infraestructuras.

Precisamente por iso temos un especial motivo de alegría ó darvos a benvida a esta "viaxe" por CAMPO LAMEIRO, e da que estamos seguros que quedaredes satisfeitos.

Para calquera arqueólogo, investigador, ou persoa atraída polos gravados rupestres, CAMPO LAMEIRO, é visita obrigada.

Posúe o museo ó aire libre maís importante de Galicia. Numerosas rochas de granito conservan o testemuño das manifestacións artísticas do primitivo home galego...<Ao pousarnos os ollos nos segredos dos petroglifos, sentimos que o pasado revive en nós, como podería revivir en caquera investigador forasteiro. Alí está o pensamento dos nosos antergos.>>..

Sendo o noso concello depositario de tan magna riqueza cultural, temos a obriga moral de perpetuala, conservala e dala a coñecer: Un pobo faise cando se conciencia do seu propio ser e saber.



Un saúdo, Julio Sayáns
Alcalde de Campo Lameiro .
O Alcalde Responde

Emprego

 
Rutas Petroglifos
Centro Interpretación
Galería Fotográfica
 

Fotografías xente

Emigracion

Festa do Augardente